Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Concerto de Nadal da Universidade de Vigo 2018

Información cultural

05-12-2018

Estimados membros da comunidade universitaria:

O vindeiro sábado 15 de decembro ás 20:30 h no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo, terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo.

Este ano contaremos coa presenza da Orquestra Sinfónica Vigo 430 coa pianista Aysedeniz Gökçin como solista e baixo a dirección de Carlos Rodríguez.

 

A asistencia a este concerto será por invitación (cada persoa terá dereito a dúas invitacións), que deberán descargarse no seguinte enlace

https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1899

O procedemento para a obtención das invitacións, que se poderán imprimir ou descargar no móbil, sendo o documento co que se acceda ao recinto é o seguinte:

  • Pinchar en “inscrición” e a continuación en “autenticación comunidade Uvigo”
  • Marcar “acepto os termos e condicións de uso” e pinchar en “Confirmar”. A continuación pinchar en “imprimir resgardo” para obter a invitación (que se poderá gardar ou imprimir)
  • Deste xeito estaría feita unha inscrición. Para facer a segunda, pincharíase no enlace “Actividade: Concerto de Nadal Universidade de Vigo-Campus Vigo” que aparece na primeira inscrición. Marcar “acepto os termos e condicións de uso” e pinchar en “Confirmar”. A continuación pinchar en “imprimir resgardo” para obter a segunda invitación (que se poderá gardar ou imprimir)
  • En calquera momento se poderá acceder ás invitacións entrando en Miña conta/histórico/inscricións

O código de barras de cada invitación é único, permitindo un só acceso.

O prazo permanecerá aberto na web ata o remate do número de invitacións, ou ata as 14:00 h do día 13 de decembro.

Agradecémoslle a súa colaboración e difusión para que o Concerto de Nadal sexa un éxito.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con Extensión Universitaria (986 813626)

Reciba un cordial saúdo