Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - AFAGA Alzheimer - Apoio na actualización e mellora do entorno informático de AFAGA

Información voluntariado

31-08-2019 ata: 31-08-2019

Proxecto de voluntariado en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA Alzheimer): Apoio na actualización e mellora do entorno informático de AFAGA

 

Obxectivo xeral: Mellorar e manter o contorno informático que necesitan os profesionais da asociación para desenvolver a súa labor.

 

Obxectivo específico:  Prestar apoio á hora de mellorar a aplicación de xestión interna e manter e actualizar a infraestrutura informática dos centros da asociación.

 

Destinatarios do programa: Terceira idade

 

Perfil das persoas voluntarias: Cursando ou finalizada Enxeñaría en Informática o telecomunicacións.

Require coñecementos en algún dos seguintes ámbitos:

* Coñecementos medio/alto en programación, preferiblemente en C# y en scripting de BD con SQL.

* En administración de Servidores Windows / Linux.

* En redes e configuración de routers empresariais tipo Cisco.

* Coñecementos avanzados de administración de entornas Windows.

 

Función da persoa voluntaria:

Todas ou algunhas das seguintes funcións:

- Análise e desenvolvemento de aplicacións informáticas.

- Configuración de servidores.

- Configuración de redes.

- Configuración de equipos host Windows.

 

Actividades que van a desenvolver:    

Dependendo das capacidades da persoa voluntaria se farán unha ou varias das seguintes actividades:

- Análise e desenvolvemento de aplicacións C# y .NET para a mellora de 2 aplicacións de Xestión de Centros da asociación.

- Configurar Windows para usar usuarios de dominio LDAP.

- Actualización da infraestrutura de servidores, migración de entornas Ms Server 2008 e entornas Unix/Linux con máquinas virtuais e contedores Docker.

- Configuración de Routers Cisco Empresariais (Ip Forwarding, Tunneling VPN por hardware...).

- Administración e mantemento de equipos Windows, soporte a usuarios, creación de tarefas programadas e administración de políticas de grupo Windows.

 

Lugar de realización das actividades: Avda. Martínez Garrido, 21 Interior - 36205 Vigo (Pontevedra)

 

Tempos de dedicación das persoas voluntarias: De 3 a 10 horas semanais dependendo da dispoñibilidade da persoa voluntaria

 

Data de inicio/incorporación: A dispor pola persoa voluntaria

 

Data de finalización/saída: De 4 a 12 meses despois da incorporación

 

Anímate e ponte en contacto con: Lorena Costas Caride - De 10:00 a 14:00 horas.

Telf: 986229797 - Ext 2

email: voluntariado@afaga.com  

 

Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar

Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade  Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o

- Proxectos propios da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf