Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VOLUNTARIADO - AFAGA Alzheimer - Apoio en talleres de estimulación cognitiva e funcional
Información voluntariado
30-08-2019 ata: 31-08-2019Proxecto de voluntariado en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA Alzheimer): Apoio en talleres de estimulación cognitiva e funcional
Obxectivo xeral: Apoio psicosocial en actividades de estimulación cognitiva e funcional.
Obxectivo específico:
- Prestar apoio emocional e funcional en talleres
- Fomentar valores sociais a través da colaboración e sensibilización social co entorno.
- Contribuír o cumprimento dos obxectivos da entidade.
- Fomento da sensibilización e difusión da problemática no entorno (cartelería, día mundial, etc...).
Destinatarios do programa: Terceira idade.
Perfil das persoas voluntarias: Persoas relacionadas co entorno educativo da universidade que mostren motivación, compromiso e aptitudes a hora de levar a cabo accións de carácter voluntario en apoio e beneficio das persoas con Alzheimer e outras demencias, e polo tanto, en consonancia coa entidade.
Función da persoa voluntaria:
- Prestar apoio en talleres de estimulación cognitiva e funcional.
- Acompañamento nas actividades relacionadas co ocio, tempo libre e respiro familiar.
- Apoio en actividades de difusión e sensibilización social.
Actividades que van a desenvolver:
- Prestar apoio emocional e funcional en talleres.
- Difusión de cartelería e información sobre os servizos e actividades da entidade.
- Participar e prestar apoio en actividades de ocio (excursións, xornadas, festas, etc.)
Lugar de realización das actividades:
- Centro de atención integral: Avda. Martínez Garrido, 21 interior - 36205 Vigo (Pontevedra).
- Unidade de atención especializada: Rúa Pinar, 7 - 36400 O Porriño (Pontevedra).
- Centros talleres Tui: Estrada Baiona, 158 - 36713 Randufe - Tui (Pontevedra).
- Centro Talleres Salceda de Caselas: Centro de desenrolo local O Torrón - 36407 Salceda de Caselas (Pontevedra).
- Centro talleres Nigrán: Camiño dos Lagos, 1 - 36340 Panxón. Nigrán (Pontevedra).
- Centro talleres Ponteareas: Centro Asprodico, rúa Canedo s/n.
- Unidade terapéutica Mos: Casa Reitoral, rúa Reguengo s/n - 36416 Mos (Pontevedra).
Tempos de dedicación das persoas voluntarias: De 2 a 4 horas semanais dependendo da dispoñibilidade da persoa voluntaria
Data de inicio/incorporación: A dispor pola persoa voluntaria
Data de finalización/saída: De 4 a 12 meses despois da incorporación
Anímate e ponte en contacto con: Lorena Costas Caride - De 10:00 a 14:00 horas.
Telf: 986229797 - Ext 2
email: voluntariado@afaga.com
Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626