Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VOLUNTARIADO - AFAGA Alzheimer - Construíndo Pontes
Información voluntariado
30-08-2019 ata: 30-08-2019Proxecto de voluntariado en colaboración coa Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA Alzheimer): Construíndo Pontes
Obxectivo xeral: Tradución de texto de galego - castelán - portugués
Obxectivo específico:
- Tradución en galego a portugués e viceversa.
- Tradución de castelán a portugués e viceversa.
- Difusión da entidade a través de lingua portuguesa.
- Achegar Galicia e Portugal a través da lingua.
Destinatarios do programa: Terceira idade
Perfil das persoas voluntarias: Estudante da Escola de Tradución e Interpretación co idioma Portugués.
Preferiblemente do 3º e 4º curso.
Función da persoa voluntaria: Tradución, corrección e redacción de textos Castelán / Portugués
Actividades que van a desenvolver:
- Tradución dos apartados da web.
- Tradución de cartelería.
- Corrección de textos no idioma portugués.
- Redacción e/ou corrección de proxectos e documentos en portugués.
Lugar de realización das actividades: Sede de Afaga. Avda. Martínez Garrido, 21 interior - 36205 Vigo (Pontevedra)
Tempos de dedicación das persoas voluntarias: Entre 2 e 4 horas semanais
Anímate e ponte en contacto con: Lorena Costas Caride - De 10:00 a 14:00 horas.
Telf: 986229797 - Ext 2
email: voluntariado@afaga.com
Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626