Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Colaboración na implantación dos Planes de Autoprotección e apoio nos simulacros dos centros da Universidade de Vigo - Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Información voluntariado

07-11-2018 ata: 31-05-2019

Proxecto propio de voluntariado na Universidade de Vigo co Servizo de Prevención de Riscos LaboraisColaboración na implantación dos Planes de Autoprotección e apoio nos simulacros dos centros da Universidade de Vigo

Obxectivo xeral: Protección dos traballadores e usuarios dos centros da Universidade das posibles emerxencias.

 

Obxectivo específico:       

- Dispoñer de persoas organizadas e formadas para poder actuar nas emerxencias.

- Coñecer os centros para poder actuar con rapidez nunha emerxencia.

- Evitar o orixe de posibles emerxencias.

 

Destinatarios do programa: Poboación en xeral

 

Perfil das persoas voluntarias: Persoas con interese en acadar coñecementos en Autoprotección.

 

Función do voluntario/a:

- Apoio na xeración da documentación de Autoprotección.

- Apoio na realización de simulacros.

 

Actividades que van a desenvolver por posto:          

- Preparación da documentación e dos rexistros de entrega dos Planes de Autoprotección.

- Preparación do material de Autoprotección dos centros, (chalecos do persoal de emerxencias, lanternas, etc.).

- Actuación como observadores nos simulacros tomando nota do observado na súa zona.

 

Lugar de realización das actividades: Calquera centro da Universidade de Vigo, en todos os campus. Cando sexa fóra do Campus Universitario os levaría alguén do servizo.

 

Tempos de dedicación dos voluntarios/as: A escoller polo voluntario/a, dentro do horario no que o servizo permanece aberto. Horario do servizo de 8:00 a 17:00 horas

 

Anímate e ponte en contacto con: Carmen Álvarez González // Mº José Montero Vilariño - Luns a venres de 09:00 a 16:00 horas. 

Telf: 986 813605

email: sprl@uvigo.es  

 

Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar

Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade  Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o

- Proxectos propios da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web_1.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web_1.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web_0.pdf