Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Actividades deportivas curso 2018/2019

Deporte e benestar

17-09-2018 ata: 17-10-2018

Xa podes inscribirte nas actividades deportivas da Universidade para o curso 2018/2019: 

- Abono mUVer: con este abono terás acceso libre ás salas de fitness da Universidade así como a un amplo abano de actividades dirixidas. +info: https://goo.gl/ZaU1Z1

- Augaventura: xa está aberto o prazo de inscrición para as actividades acuáticas da edición de Outono: surf, mergullo, flyboard, paddle surf, rafting, wakeboard, windsurf e kaiak-snorquel. +info: https://goo.gl/AQjEM6 

- Ligas universitarias (fútbol sala, fútbol 7, baloncesto, balonmán, voleibol e rugbi 7): organiza ao teu equipo e rexístrao antes do vindeiro 30 de setembro. E se non tes equipo, non pasa nada, podes apuntarte na bolsa de xogadores/as sen equipo para poñerte a disposición dalgún dos equipos xa creados. +info: https://goo.gl/NvvStK.

- Escolas deportivas: queres aprender a practicar tenis, xadrez, escalada, rugby ou fútbol gaélico, entre outras? +info: https://goo.gl/yrMKmN

E lembra ademais que entre o 17 e o 28 de setembro as persoas da comunidade universitaria tedes dúas semanas de acceso gratuíto ás instalacións da UVigo para poder probar as diferentes actividades. 

Máis información nas nosas redes sociais:

- https://www.instagram.com/muversuvigo

- https://www.facebook.com/muversuvigo

- https://twitter.com/mUVersUvigo