Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

PROGRAMA DE MAIORES - Prazo de inscrición 1ª vez

Información xeral

12-07-2018 ata: 10-10-2018

Lémbrase que o prazo de inscrición no ciclo intensivo da titulación "universitario/a sénior" por 1ª vez remata este venres, día 13 de xullo de 2018, ás 14:00 h.

Poderán realizar a inscrición todas as persoas con idade igual ou superior a 55 anos. O número máximo de alumnado que poderá ser admitido por 1ª vez será de 50 persoas en cada un dos campus (Ourense, Pontevedra e Vigo). Non é preciso ter ningunha titulación previa.

Se a demanda supera a oferta de prazas o sistema de selección será por orde de inscrición. En caso de que quedasen prazas sen cubrir, poderase admitir alumnado con idades inferiores a 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos. 

 

O prazo de inscrición para o ciclo integrado da titulación "universitario/a superior sénior" será dende o 16 de xullo ás 09:00 ata o 27 de xullo ás 14:00 de 2018.

Poderán realizar a inscrición as persoas que teñan superado o ciclo intensivo (titulado/a universitario sénior ou Graduado/a universitario/a sénior) ou aquelas persoas que estean en posesión de calquera titulación oficial universitaria e teñan unha idade igual ou superior a 50 anos.