Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Modificación de horarios - Curso de atención a espazos e usuarios/as nas bibliotecas.

Información ao PAS

21-02-2018 ata: 22-05-2018

O 21 de febreiro de 2018 publícase no rexistro da Universidade e na páxina web do Servizo de PAS a seguinte modificación en relación co curso:

  • Código 7-2018. Atención a espazos e usuarios/as nas bibliotecas. (Videoconferencia-Tres campus)

        Datas: 19 e 20 de marzo de 2018

        Horario: de 12:00 h. a 14:30 h. e de 16:00 h. a 18:30 h.

        Lugar: salas de videoconferencia dos tres campus

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 12 de marzo de 2018. As persoas que xa a presentaran acompañada de informe favorable, non o terán que volver a facer; de non estar interesadas tras o cambio de horario, deberán cancelar a preinscrición dentro deste prazo a través de Bubela.