Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Petición de voluntariado - Asociación Provivienda

Información voluntariado

15-02-2018 ata: 16-05-2018

A asociación Provivienda en Vigo solicita a participación do Voluntariado da Universidade de Vigo (alumnado, PAS ou PDI), a través desta mensaxe.

"Dende a Asociación Provivienda en Vigo, estamos buscando Voluntariado para impartir clases de castelán a persoas solicitantes de asilo e protección subsidiaria que atendemos dende as nosas instalacións, xa que entendemos que a vía principal para a integración na comunidade é a través do idioma".

Actualmente temos clases de luns a venres de 10:00 a 12:00, coa chegada de novas familias con distintos paises de procedencia a necesidade de apoio nesta actividade faise fundamental.

Agradecemos a vosa participación.

Persoa de contacto: Ana Pardo Fernández (responsable do programa de Protección Internacional).

Enderezo:  Sanjurjo Badía. 103 Entresuelo Dereita - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 637022271 - 986519106

 

--- Pon o teu graniño de area e colabora ----

No seguinte enlace podes atopar outros proxectos, xa sexan propios ou en colaboración con entidades da contorna: http://extension.uvigo.es/extension_gl/voluntariado/proxectos/.