Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Aclaración do prazo de presentación de solicitudes da Convocatoria de Axudas por causas sobrevidas ocorridas ao longo do curso académico 2017/18

Bolsas e axudas

06-02-2018 ata: 28-06-2018

ORDE do 4 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2017/18, teña dificultades económicas para continuar estudos.

Aclárase que o prazo de presentación das solicitudes é:

Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.


Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2018, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).