CURSO DE INTRODUCIÓN AO ESTUDO DOS MICROMAMÍFEROS

Cursos e exames

02-02-2018 ata: 04-02-2018

CURSO DE INTRODUCIÓN AO ESTUDO DOS MICROMAMÍFEROS

Curso de Introdución ao Estudo dos Micromamíferos: manexo e metodoloxías prácticas
Data
venres, 2 Febreiro, 2018 a domingo, 4 Febreiro, 2018
Horario
  • Venres 2: de 16 a 20 h.
  • Sábado 3: de 9 a 21 h.
  • Domingo 4 : de 9 a 14 h.
Lugar

Centro Etnográfico do Río Mandeo (Teixeiro, Curtis)

Organiza
  • CEIDA
  • Biolearn
Colabora
  • Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
  • Concello de Curtis.
Obxectivos

O curso introduce ao manexo das diversas metodoloxías utilizadas para o estudo de micromamíferos. O coñecemento destas é fundamental para abordar calquera estudo ou seguimento ambiental que inclúa estas especies.

Dirixido a

O curso está dirixido a profesionais do Medio Ambiente, así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.

Metodoloxía

Abordarase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. Será o alumno/a quen toma o papel activo a través das ferramentas, técnicas e equipos necesarios para o estudo dos micromamíferos.

Imparte

Xosé Pardavila, Adrián Lamosa, Martín Pérez ( www.biolearn.org )

Inscrición
  • Prezo de matrícula: 95 €.
  • A matrícula inclúe  aloxamento no albergue do Centro Etnográfico de Teixeiro (habitación con dereito a cociña) durante os días de desenvolvemento do curso.
  • As prazas son limitadas.