Premios INCUVI-Emprende prórroga prazo solicitude

Área de Emprego e Emprendemento

10-01-2018 ata: 31-01-2018

O día 9 de xaneiro publicouse a Resolución Reitoral pola que se prorroga ata o 31 de xaneiro de 2018 o prazo de presentación de candidaturas á VII Edición dos premios INCUVI-Emprende.

PREMIOS

O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos emprendedores, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente.

O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:

  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos

PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán presentar as súas ideas a concurso:

  • Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de grao, mestrado ou doutoramento.
  • Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2014/2015 ou posteriores.

Poderán presentarse a concurso iniciativas que desenvolvan proxectos de emprendemento en calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo.

Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de xaneiro de 2018.

BASES

As bases da convocatoria están dispoñibles na web http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/