Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria fondo social 2017

Información xeral

13-12-2017 ata: 13-03-2018

 

O Servizo de Retribucións e Seguros Sociais informa que con data 13 de decembro de 2017 publícase nos rexistros dos Campus de Vigo, Ourense, Pontevedra e Torrecedeira, a convocatoria de axudas do fondo social 2017

Tamén está publicada na páxina web do Servizo ou pulsando no link:

 http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/retribucions/info/accion_social/index.html

O prazo de remate de presentación de solicitudes será o vindeiro 5 de xaneiro de 2017.

Lémbrase ás persoas participantes que segundo a presente convocatoria:

  • Deberán cumprimentar debidamente a solicitude debendo indicar o nome e apelidos de tódolos membros da unidade familiar tendo que asinar tódolos maiores de 18 anos.
  • Para os fillos e fillas menores de 18 anos presúmese a dependencia económica e a convivencia.
  • Para os fillos e fillas maiores de 18 anos e ata os 25 anos a 31/12/2016 presúmese a convivencia, sempre que dependan economicamente do solicitante.
  • Para os fillos e fillas maiores de 25 años, pais/sogros, familiares de segundo grao - irmáns, netos...- é obrigatorio presentar certificado histórico de convivencia durante o ano 2016.
  • Para as persoas que convivan maritalmente é obrigatorio presentar certificado histórico de convivencia durante o ano 2016.
  • Cando a solicitude veña acompañada de facturas estas deberán ser copias cotexadas.
  • Só se admitirán facturas para tratamentos e data de factura do ano 2016.
  • O certificado de estudos debe ser do curso 2016/2017.

  Atentamente 

O Servizo de Retribucións e Seguros Sociais