XORNADA VESPA VELUTINA

Seminarios e conferencias

14-12-2017

Xornada: A Vespa Velutina

O vindeiro xoves, 14 de decembro, a Asociación Galega de Apicultura (AGA), en colaboración co CEIDA, organizan unha xornada formativa sobre a Vespa velutina, que pretende dar a coñecer a situación desta especie exótica invasora presente na maior parte do territorio galego, así como proporcionar información útil e actualizada aos Concellos e outras Administracións Locais para que estas poida loitar contra a súa expansión. A actividade é de balde pero as prazas son limitadas, así que é preciso inscrición.

Máis información: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/xornada-a-vespa-velutina

Programa

10.00 h. Inauguración

10.30–12 h. Mesa redonda:

  • A Vespa velutina desde a óptica da Consellería do Medio Rural. D. Jesús Orejas, Xefe de Servizo de Sanidade Animal.
  • A Vespa velutina desde a óptica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Dna. Elisa Gago, Xefa de Servizo de Conservación da Biodiversidade.
  • Eficacia da defensa das abellas coas arpas eléctricas. Dna. Sandra Rojas, Investigadora da Universidade de Vigo.

12.00–12.30 h. Pausa - café

12.30–14 h. Mesa redonda:

  • Ciclo da Vespa velutina e loita preventiva. D. Xesús Asorey, biólogo de AGA.
  • Aspectos xurídicos e actuacións de AGA, Asociación Galega de Apicultura, fronte a Vespa velutina. Dna. Laura García, avogada de AGA.
  • Experiencia de colaboración na loita contra a Vespa velutina na península do Morrazo. D. Odilo Barreiro, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Infraestruturas e Medio Ambiente e Mar, Concello de Moaña.

14.00 h. Clausura.

Descargar cartaz                                               

Formulario de inscrición