Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Atrasos complementos autonómicos / Exención matrícula-retribución especie

Información xeral

28-11-2017 ata: 28-11-2017

Na nómina do mes de novembro de 2017 aplícase:

a) Unha vez acordada a asignación individual e singular dos complementos retributivos polo Consello Social, os atrasos correspondentes aos complementos autonómicos -labor docente, labor investigador, cargo xestión e excelencia curricular, da convocatoria do ano 2016. Os efectos económicos, 1 de xaneiro de 2016 e 1 de xullo de 2016, son os fixados en cada unha das resolucións polas que se aproban as convocatorias para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas aos distintos complementos.

 b)   O importe da axuda para matrícula en estudos oficiais no curso académico 2016/2017, nos termos fixados no apartado 1.3 b) das bases que regulan a convocatoria de axudas e subvencións para o persoal das Universidades Públicas galegas aprobadas por R.R. do 24 de maio de 2016:

          “A contía desta axuda ten a consideración de retribución en  especie segundo consta no artigo 42 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e de modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio (BOE do 29/11/2006), e como tal está suxeita a tributación como rendemento do traballo e por tanto, sometida ao sistema de retencións a conta na porcentaxe que se practique aos restantes rendementos de traballo. Ademais, en aplicación do artigo 109 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social incluirase na base de cotización“.

Atentamente

O Servizo de Retribucións e Seguros Sociais