Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso do Gabinete Psicopedagóxico

Información xeral

30-10-2017 ata: 30-11-2017

Bo día a todas e todos!!

 

Poñémonos en contacto con vós para informarvos acerca da primeira acción formativa que desde o Gabinete Psicopedagóxico da UVigo se vai a realizar neste curso 2017/18.

 

É un curso de MOTIVACIÓN DE ALTO IMPACTO no que se traballarán aspectos como:

-          Estratexias de motivación

-          Descubrir os condicionamentos neuroasociativos que te limitan

-          Transformar os medos en poder

-          Identificar e eliminar virus mentais

 

A metodoloxía será moi dinámica e, sobre todo, divertida. Faremos Jump Trust (salto cara atrás desde unha altura), Breaking Arrow (romper unha frecha de madeira co propio corpo) e Firewalking (camiñar descalzas/os sobre brasas ardendo. Si, sobre brasas ardendo, non é un erro ao escribir ;) 

 

 

Esta formación terá lugar os días 2 e 3 de novembro de 2017  na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense,na Aula Multiusos (ou Aula Emilia Pardo Bazán). O horario será: xoves 2 (16:00-20:00) e venres 3 (10:00-14:00 e 16:00-20:00)

 

O curso será impartido por Pepe Cabello que é coach profesional e formador con case dúas décadas de experiencia na capacitación e adestramento de líderes, empresarias/os, deportistas e persoas que decidiron mellorar as súas vidas. Orador motivacional e desenvolvedor do potencial humano.

 

 

Esta actividade, ao igual que todas as realizadas desde o Gabinete, é GRATUÍTA  e está destinada a ALUMNADO, PROFESORADO E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS da UNIVERSIDADE DE VIGO.

 

 

As persoas pertencentes á comunidade universiatria debedes solicitarnos a folla de inscrición por correo electrónico,que será remitida xunto co resgardo de matrícula do curso académico 2017/18 (no caso de alumnado), que xustifique que actualmente estades cursando estudos na Universidade de Vigo.

 

 

Se o curso vos coincide con horario de clase e precisades xustificar a falta, comunicádenolo para facervos os pertinentes certificados de asistencia.

 

 

ANÍMATE A VIVIR ESTA EXPERIENCIA!! 

NON TE DEIXARÁ INDIFERENTE!!!

 

 

Recordade que as prazas son limitadas!!!