Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Comunícolle que publicouse a V convocatoria do programa IACOBUS que permitirá que PDI, persoal investigador e PAS das universidades da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal realicen estadías nas universidades participantes no programa co gallo de contribuir a fomentar a cooperación entre as institucións de Ensino Superior de Galiza e do Norte de Portugal.
As Bases, acompañadas doutra información de interese, están publicadas na Plataforma Web do IACOBUS:
http://iacobus.gnpaect.eu/gl/descargas
As estadías da Convocatoria do Programa IACOBUS deberanse levar a cabo dende o 1 de febreiro ata o 30 de xuño de 2018.
A elaboración e presentación das candidaturas efectuarase unicamente a través da plataforma que o Programa IACOBUS dispón na súa páxina Web (iacobus.gnpaect.eu), a partir do día 23 de outubro de 2017 e ata o día 19 de novembro de 2017 ás 23:59 h (hora española).
O anexo I, de invitación para recibir aos participantes portugueses deberá ir asinado por:
-No caso do PDI e dos investigadores no marco de programas, polos directores/as de departamento correspondentes.
- No caso do PAS, polo responsable do servizo correspondente.
O anexo II no que se autoriza aos/ás solicitantes a participar no programa deberá ir asinado por:
-No caso do PDI e dos investigadores no marco de programas, polos directores/as de departamento correspondentes.
-No caso de investigadores no marco de proxectos, polos investigadores principais.
-No caso do PAS, pola Xerencia.
Prégase o envío dunha copia escaneada destes documentos á ORI
Saúdos,
- Bases da convocatoria [1310.84 Kbytes]