Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resultados provisorios das Enquisas de Avaliación Docente 16-17

Información ao PDI

05-10-2017 ata: 25-10-2017
 
Estimado profesorado
Infórmase a todo o profesorado da Universidade de Vigo que xa están dispoñibles para a súa consulta os resultados provis
orios das Enquisas de Avaliación Docente do curso 2016-2017.
 
O procedemento para acceder aos resultados é o seguinte:
 
Páxina da UVigo – Secretaría virtual – Consulta: Acceso aos informes de avaliación docente – Curso: 2016-2017.
 
Ábrese un prazo ata o 23 de outubro para reclamacións, ou suxestións, que poderán ser formuladas premendo o apartado formulario de reclamación situado na marxe dereita do informe de avaliación correspondente ao curso 2016-2017, seguindo as indicacións que alí se expresan:
 O impreso deberá cubrirse e enviarse electronicamente. Aínda que non é preceptivo, tamén poderá ser entregado, logo de imprimilo a través do Rexistro Xeral, á atención da vicerreitora de Organización Académica e Profesorado.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa Área de Calidade mediante o enderezo: tscalidade2@uvigo.es
Agradecemos de antemán a colaboración no proceso.

Atentamente,
O director da Área de Calidade
Xosé María Gómez Clemente