Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Preinscrición aberta do curso Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria (Campus de Vigo)

Formación de Profesorado

23-11-2017 ata: 24-11-2017

Está aberto o prazo de preinscrición do curso Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria (Campus de Vigo).

Este desenvolverase os días 23 e 24 de novembro de 16 a 20 horas.

 

Nos últimos anos houbo un gran interese e desenvolvemento, dentro do ámbito educativo, pola potenciación e desenvolvemento persoal do alumnado. Neste sentido os/as docentes de todas as etapas víronse na necesidade de reelaborar os seus propios esquemas de actuación e formarse na adquisición de ferramentas e técnicas que lles permitan retomar o seu rol de axente activo no proceso de aprendizaxe do alumnado. Así, neste contexto, a figura do profesor/a como coach cada vez cobrou un maior protagonismo. Con esta proposta formativa, búscase introducir e iniciar ao profesorado da Universidade Vigo en técnicas e ferramentas de uso habitual no coaching educativo.

 

Pode preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/3131