Forum Emprego Universitario 2017

Área de Emprego e Emprendemento

25-09-2017 ata: 06-10-2017

A Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo organiza nos tres campus o FÓRUM EMPREGO UNIVERSITARIO 2017 “PREPARA A FINDE.U”, co fin de aproximar ao alumnado e aos titulados e tituladas da Uvigo á realidade da busca de emprego, a través de conferencias, mesas redondas, coloquios... que facilitarán información e recursos necesarios á hora de iniciar a busca activa de emprego e de preparar a visita á Feira de Emprego que se realizará en Vigo entre o 24 e 25 de outubro en IFEVI.

Estructura das Xornadas

  • Sesión presencial: conferencias e mesas redondas (6 horas) sobre ferramentas para a búsqueda de emprego e prácticas no marco da Finde.U (programa).
  • Sesión non presencial: programa de 12 horas a través de FAITIC sobre ferramentas para a busca de emprego e prácticas con carácter xeral (programa non presencial).

Datas e lugar de celebración das sesións presenciais:

Todos os campus: 9 de outubro de 2017

  • Vigo: Sala Access Grid da Biblioteca Central
  • Ourense: Biblioteca central 2ª planta (por videoconferencia)
  • Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais, 1º andar-seminario 5 (por videoconferencia9

Inscrición gratuita:

  • Prazas limitadas (admisión por rigoroso orde de inscrición. Inscrición aquí).

Ténse solicitado o recoñecemento de 18 horas de traballo por créditos optativos ECTS ou 1 crédito de Libre Elección para todas as titulacións da Universidade de Vigo