Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Preinscrición aberta do Curso de iniciación ao Moodle (Campus de Ourense)

Formación de Profesorado

24-10-2017 ata: 16-11-2017

Comunicámoslle que está aberto o prazo de preinscrición do curso  Curso de iniciación ao Moodle. Este desenvolverase mo Campus de Ourense en modalidade semipresencial do 24 de outubro ao 16 de novembro.

A plataforma Moodle é unha aplicación que permite crear e xestionar aulas virtuais para actividades formativas a distancia, semipresenciais e de apoio á docencia presencial. Esta plataforma conta coas ferramentas necesarias para que o profesorado poida deseñar a súa docencia, permitindo organizar actividades, facilitar recursos e materiais educativos, realizar cuestionarios, comunicarse co alumnado etc.  O presente curso aborda cuestións básicas sobre a xestión e configuración dun curso na plataforma Moodle para uso docente.

Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/3121