Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Pegadas ecolóxica e de carbono da Universidade de Vigo

Información xeral

19-09-2017 ata: 18-12-2017
Bos días,
 

Como tódolos anos, dende a Oficina de Medio Ambiente realizouse o cálculo da pegada de carbono e da pegada ecolóxica da Universidade de Vigo, que a partir de agora pode consultarse, xunto coas pegadas dos anos anteriores, neste enlace: http://oma.webs.uvigo.es/Sostibilidade/CambioClimatico/PegadaEcoloxica.php

 
A pegada ecolóxica é unha medida do impacto ambiental que estuda a cantidade de terreo estándar (medido en hectáreas globais equivalentes) que é necesaria para absorber os impactos ambientais asociados a unha actividade determinada. Por outro lado, a pegada de carbono é unha medida do impacto ambiental que estuda as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera (medidas en kg de CO2 equivalentes).
 
Un cordial saúdo, atentamente,
 
OFICINA DE MEDIO AMBIENTE – Universidade de Vigo
Tlf: 986813883 – oma@uvigo.es