Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Seminario Interreg "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento"

Seminarios e conferencias

05-10-2017 ata: 05-10-2017

Prezado membro da comunidade universitaria:

A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Economía e Planificación, e en colaboración coa Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET) promove o vindeiro 5 de outubro de 2017 ás 10:00 h da mañá na sala IV do edificio Miralles (Campus de Vigo), un seminario Interreg de tres horas de duración (gratuíto e de acceso libre) para dar a coñecer os resultados da publicación "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento", un estudo coordinado polo autor Carlos Beltrán (Telefónica).

Este seminario ten como obxectivos principais:

  • Presentar a publicación editada en colaboración coa RIET: "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento"
  • Dar a coñecer os resultados na execución dos fondos Interreg para programación de investimento europeo de carácter transfronteirizo (2003-2014)
  • Debater sobre as tendencias a seguir para a consecución de propostas de axudas con cargo a financiamento europeo de tipo Interreg, e nas súas distintas modalidades.

A información necesaria para formalizar as inscricións (en liña) está dispoñible a partir do seguinte enlace: 

Seminario Interreg "Unha fronteira que nos une, unha fronteira de desenvolvemento"

Non dubiden en contactarnos en caso de precisar aclaracións ao respecto.

 

Un cordial saúdo,

 

Vicerreitoría de Economía e Planificación

Universidade de Vigo