Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

IV Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero nos TFG e TFM

Unidade de Igualdade

05-09-2017 ata: 04-12-2017

Bo día.

No día de hoxe publicouse nos rexistros da Universidade de Vigo a Resolución reitoral de 4 de setembro de 2017 pola que se convoca a IV edición dos Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos fin de grao e de máster da Universidade de Vigo.

Os premios repartiranse nos seguintes ámbitos de coñecemento:

Xurídico-Social

Científico-Tecnolóxico

Artes e Humanidades

O prazo de presentación dos solicitudes remata o 20 de setembro de 2017.