Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Preinscrición aberta do curso E-portafolios como expresión dunha contorna persoal de aprendizaxe académica e profesional

Formación de Profesorado

23-10-2017 ata: 23-11-2017

 

Comunicámoslle que está aberto o prazo de preinscrición do curso  E-portafolios como expresión dunha contorna persoal de aprendizaxe académica e profesional. Este desenvolverase en modalidade virtual do 23 de outubro ao 23 de novembro.

Os portafolios reflicten de modo efectivo a aprendizaxe e/ou experiencia profesional dunha persoa, grupo ou institución. Un portafolios é unha selección do mellor traballo dunha persoa que relata de xeito reflexivo os seus progresos e as achegas conseguidas na súa traxectoria académica e/ou profesional.

Ligazón para preinscribirse: https://bubela.uvigo.es/curso/3110