Cursos de formación en lingua galega para o curso 2017/2018

Cursos e exames

04-09-2017 ata: 22-09-2017

Prezada comunidade:

Hoxe, 4 de setembro, abre o prazo de matrícula para os cursos de formación de lingua galega da ANL a través da plataforma Bubela. Así mesmo, o prazo pecharase a medida que se cubran as prazas.

 Presencial

  • Curso de extensión cultural (75 horas): do 19 de setembro ao 14 de decembro. Martes e xoves (Vigo) / luns e mércores (Ourense e Pontevedra). Destinado para o alumnado de programas de intercambio.

 Virtuais

  • Curso de redacción de documentos administrativos (20 horas): do 2 ao 27 de outubro
  • Curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación (20 horas): do 2 ao 27 de outubro
  • Escribir en internet (25 horas): do 2 ao 27 de outubro
  • Galego: Actualízate (40 h): do 2 de novembro ao 1 de decembro
  • Redacta con claridade e mellora a túa redacción (15 h): do 13 de novembro ao 1 de decembro

 

 Máis información en:  http://bit.ly/2c4WNdC

 

Un saúdo,