Recoñecemento médico periódico. Instrucións solicitude de cita web.

Prevención de riscos laborais

28-08-2017 ata: 15-12-2017

O Servizo de Prevención informa da posta en funcionamento da aplicación de citación para o recoñecemento médico periódico. O novo sistema preserva a identidade do persoal solicitante e axiliza a xestión das citas médicas. Todas as persoas traballadoras que desexen facer o recoñecemento médico anual poderán solicitalo a través do mesmo.

Vostede reservará cita para a analítica e o día que acuda a enfermería para a súa realización, daranlle a cita para o recoñecemento médico. Tal como viña acontecendo ate agora.

Os días destinados para as análises e os recoñecementos médicos variarán segundo o centro médico que elixa para a súa realización.

Os períodos de citación serán por centros. Haberá un prazo para anotarse cunhas determinadas datas a elixir, sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior.

Consonte co anterior, dende o 28 de agosto ata o 20 de setembro de 2017, estará aberto o prazo para pedir cita para a analítica para o persoal do Edificio de Ciencias Experimentais.

O proceso para solicitar a cita médica é sinxelo, abonda con seguir as indicacións que aparecen no seguinte enlace: Como reservar cita analítica

Para acceder ao resultado do recoñecemento médico, na mesma ventá inicial da web do Servizo de Vixilancia da Saúde (Norprevención) na que solicitará a cita , deberá facer un clic na pestana de “descarga de reconocimientos”. O contrasinal será o que lle faciliten na enfermería. Caduca aos 12 meses.

Para calquera aclaración, pode poñerse en contacto co Servizo de Prevención de riscos Laborais no teléfono 986 814 088 ou na dirección de e-mail: sprlformacionesaude@uvigo.es