Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

SERVIZOS ADMINISTRATIVOS DO CAMPUS DE PONTEVEDRA

Información xeral

19-07-2017 ata: 17-10-2017

Concluída a dotación de persoal da estrutura administrativa do campus de Pontevedra, dimanante da nova RPT de PAS funcionario, procédese a informar da situación actual das distintas unidades, así como dos teléfonos e correos electrónicos de contacto.

No campus A Xunqueira (Forestais, CC. Sociais, CC. EE. e do Deporte e Fisioterapia) vanse asentar, na Escola de Enxeñaría Forestal, as Áreas de Servizos á Comunidade, de Apoio á Xestión de Centros e Departamentos, a Económica e a Académica coas dúas áreas de estudos de grao e a correspondente aos estudos de mestrado e doutoramento.

As obras de redistribución e acondicionamento de espazos comezaron a semana pasada, tendo previsto finalizarse en 4 semanas. Por este motivo, destácanse en vermello as localizacións actuais do persoal que, unha vez rematadas as obras, instalarase nas dependencias da E. E. Forestal.