Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Preinscrición aberta no curso Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (Modalidade virtual)

Formación de Profesorado

25-09-2017 ata: 09-10-2017

O profesorado a miúdo tense que enfrontar a situacións onde precisa un nivel de deseño e maquetación máis avanzado. Por exemplo, para elaborar materiais didácticos, libros, publicacións ou  posters para enviar a congresos... O programa Scribus é a solución en software libre que aporta gran flexibilidade no deseño. Nesta actividade formativa atoparás materiais, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación.


O curso desenvolverase do 25 de setembro ao 9 de outubro.


 

Pode preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/3099