Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Preinscrición aberta do curso Análise estatística con Rcommander (Modalidade virtual)

Formación de Profesorado

07-09-2017 ata: 08-10-2017

A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é un software liberado cunha licenza libre de referencia nos estudos estatísticos, e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos ou a realización de estudos estatísticos descritivos.


O curso desenvolverase do 11 de setembro ao 8 de outubro.


Pode preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/3098