Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Preinscrición aberta no curso Introdución ao desenvolvemento de laboratorios virtuais (Campus de Vigo)

Formación de Profesorado

16-10-2017 ata: 17-10-2017

Os laboratorios virtuais son unha ferramenta de simulación que permite aos alumnos/as poder traballar con abstraccións de sistemas reais da mesma forma que traballarían un proceso real. Realizarase a introdución detallada aos conceptos de laboratorios virtuais e realizarase un obradoiro práctico sobre o uso de Easy Java Simulations, unha contorna de programación gráfica que permite desenvolver este tipo de laboratorios de xeito sinxelo.

O curso desenvolverase os días 16 e 17 de outubro de 16 a 20 horas.

Pode preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/3095