Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Preinscrición aberta no curso Intelixencia emocional e competencias transversais na aula (Campus de Ourense)

Formación de Profesorado

27-09-2017 ata: 25-10-2017

As competencias transversais son aquelas xenéricas e comúns para a maioría das profesións e que se relacionan coa posta en práctica integrada de aptitudes, trazos da personalidade, coñecementos e valores adquiridos. Esta actividade formativa ten como finalidade afondar no desenvolvemento das competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (autoestima, empatía, asertividade, traballo en equipo, resolución de conflitos...).

O curso desenvolverá os días 27 de setembro, 4, 11, 18 e 25 de outubro de 16 a 20 horas.

Pode preinscribirse na seguinte ligazón: https://bubela.uvigo.es/curso/3097