Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA AXUDAS FONDO SOCIAL 2016

Información xeral

28-06-2017 ata: 28-06-2017

Con data de 28 de xuño de 2017, publícase nos taboleiros de anuncios a Resolución Reitoral de 28/06/2017 pola que se resolve a convocatoria correspondente ás axudas de Fondo Social 2016.

As persoas participantes, tal e como indica a base novena da convocatoria, poderán consultar o resultado da súa solicitude na Secretaría virtual da Universidade de Vigo (http://seix.uvigo.es), PDF 2015

As ditas listas con toda a información están a disposición das persoas participantes que así o acrediten no Servizo de Retribucións e Seguros Sociais.

Na nómina do mes de xuño procederase ao ingreso das prestacións de acción social correspondentes á convocatoria 2016.

O Real Decreto Lei 16/2013 de 20 de decembro deu unha nova redacción ao artigo 109 da Lei Xeral da Seguridade Social, pasando a computarse na base de cotización unha serie de conceptos retributivos que ata entón estaban excluídos, entre eles atópase a acción social. Por tal motivo, o persoal que no mes de xuño de 2017 perciba remuneración en concepto de acción social, o seu importe estará incluído na base de cotización do citado mes.

O Fondo de acción social 2016 repartiuse entre 504 solicitantes. O importe total repartido en concepto de axudas do fondo social 2016 ascende á cantidade de 179.000 €, repartidos entre as seguintes axudas: 

  • Axuda 1. Atención a persoas con discapacidade física psíquica e/ou sensorial ou dependencia: 25.639,38€     

    • A contía máxima grao discapacidade entre > 33% e o 64% ou dependencia grao I: 500€      

    • A contía máxima grao discapacidade entre > 65% e o 74% ou dependencia grao II: 1.200€      

    • A contía máxima grao discapacidade > 75% ou dependencia grao III: 1.500€ 

  • Axuda 2. Coidado de fillas ou fillos de 0 a 6 anos e maiores de 80 anos: 42.356,3€

                                Coidado de fillas ou fillos de 0 a 3 anos: 20.182,60€

                                Coidado de fillas ou fillos de 3 a 6 anos: 20.182,60€

                                Coidado de maiores 80 anos: 1.991,10€

    • A contía máxima por filla ou fillo de 0 a 3 anos: 408€

    • A contía máxima por filla ou fillo de 3 a 6 anos: 308€

    • A contía máxima por maior de 80 anos: 500€ 

  • Axuda 3. Estudos do persoal, fillas, fillos e cónxuxe ou parella de feito: 46.419,99€

    • A contía máxima por causante: 132,50€ 

  • Axuda 4. Tratamentos de saúde do persoal, cónxuxe ou parella de feito, fillos e fillas: 64.584,33€

    • A contía máxima por causante:169€