Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para o persoal do Campus de Pontevedra

Prevención de riscos laborais

24-05-2017 ata: 29-05-2017

Apertura  do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico para o persoal do Campus de Pontevedra. 

Prazo para pedir cita
: dende o 24 de maio ata o día 29 de maio.

Onde se pide cita:

ESCOLA DE ENXEÑARÍA FORESTAL: na conserxería da Escola de Enxeñaría Forestal.

FACULTADE DE BELAS ARTES E CASA DAS CAMPÁS: na conserxería da Facultade de Belas Artes.

FACULTADE DE FISIOTERAPIA: na conserxería da Facultade de Fisioterapia.

FACULTADE DE CC SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN: na conserxería da Facultade de CC Sociais e da Comunicación.

FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN E DO DEPORTE E PAVILLÓN UNIVERSITARIO: na conserxería da Facultade de CC da Educacion.

 

Lugar para facer a analítica e o recoñecemento médico: nas instalacións de NORPREVENCIÓN, R/ Praza Veiga da Eira, 1


Para máis información consultar as instrucións que se atopan nas conserxerías.

Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprlformacionesaude@uvigo.es