Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Congreso científico "12th International Smoothed Particle Hydrodynamics European Research Interest Community (SPHERIC) Workshop”

Seminarios e conferencias

19-05-2017 ata: 15-06-2017

Os días 13, 14, 15 de Xuño terá lugar no Campus de Ourense (Salón Marie Curie do Edificio Politécnico) o congreso científico SPHERIC 2017. Este congreso é o únicos evento mundial que se centra exclusivamente na metodoloxía de Hidrodinámica de Partículas Suavizadas (SPH) e nos métodos de simulación relacionados. O modelo SPH xa acadou un nivel de madurez alto e gañou recentemente unha gran atención na área da computación científica. Algúns exemplos de aplicacións refírense o desenrolo de galaxias en astrofísica, enxeñaría ambiental, mecánica de sólidos, enxeñaría naval e costeira, enxeñaría de enerxía nuclear, enxeñaría médica ou enxeñaría aeroespacial.

O congreso está organizado, coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Ourense, da Facultade de Ciencias e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, polos profesores Alejandro Cabrera Crespo e Ramón Gómez Gesteira, ambos cunha destacada actividade investigadora no desenrolo de modelos de dinámica computacional de fluidos (CFD). De feito a Universidade de Vigo é unha das institucións responsables do desenrolo do modelo DualSPHysics (www.dual.sphyics.org) que conta con miles de descargas por parte de outras institucións de investigación e de empresas privadas. O modelo DualSPHysics está aplícase en problemas de enxeñaría costeira (deseño de estruturas de protección e deseño de captadores de enerxía das ondas) e aplicación en problemas de enxeñaría aeroespacial (sistemas de refrixeración durante o lanzamento de cohetes e deseño de vehículos que naveguen en mares con condicións extraterrestres extremas).

Ademais organizarase un curso o día 12 de Xuño na E.E. Aeronáutica e do Espazo. Este curso inclúe unha charla introdutoria sobre o modelo SPH e despois unha parte práctica para aprender a manexar un código SPH (neste caso o DualSPHysics).


Dr. Alejandro Jacobo Cabrera Crespo | Research Fellow "Ramón y Cajal" | Universidade de Vigo | EPHYSLAB Environmental Physics Laboratory | Edificio Martínez Risco | Campus As Lagoas s/n | Phone number: 988387425 |32004 Ourense | SPAIN