Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Erasmus + Prácticas 17-18

Bolsas e axudas

24-04-2017 ata: 30-06-2017

Estimados/as estudantes,

Informamos de que este luns día 24 e abril foi publicada a convocatoria Erasmus + Prácticas  para o vindeiro curso 17-18.  

Por medio deste programa poderedes realizar una mobilidade de prácticas nun país Europeo.

O primeiro prazo de solicitudes está aberto ate o día 30 de xuño de 2017.

Os requisitos xerais para participar no programa son os seguintes:

  • Modalidade A) Alumnos/as: Estar matriculado/a na Universidade en estudos de Licenciatura, Diplomatura, Enxeñaría, Grao ou Master ou Doutoramento. Ter superado polo menos o 50% dos créditos de que consta a titulación (excepto para o caso de Master e Doutoramento)
  • Modalidade B) Titulados/as Recentes: Alumnado que remata  a súa titulación oficial universitaria no curso 16-17. Se pertences a este colectivo, poderás realizar as prácticas nos 12 meses inmediatamente posteriores á finalización dos teus estudos universitarios. IMPORTANTE: Os titulados recentes só poden presentar a súa solicitude ate o 30 de xuño de 2017. Despois xa non seredes elixibles.
  • Ter un nivel mínimo do idioma no que se vaian a desenvolver as prácticas de B1.
  • Contar coa carta de aceptación asinada pola empresa e por un titor de prácticas da Universidade.

Unha vez pechado o primeiro prazo de presentación de solicitudes abrirase un segundo prazo que estará aberto ate  o 31 de outubro e de existir vacantes, os abriranse os seguintes prazos previstos na convocatoria. (Só serán elixibles estudantes da modalidad A)

Ofértanse  un mínimo de 65 prazas para realizar unha de estadía dun mínimo de 2 meses de duración.

As prácticas para o primeiro prazo de solicitudes poderán ter lugar entre o 1/09/2017 e o 31/08/2018.

A contía da bolsa Erasmus prácticas oscila entre 300€ e 400€ dependendo do país de destino e é compatible coas axudas que voluntariamente outorgue a empresa.

 Enviade as vosas consultas a internacional@uvigo.es ou apoio.internacional@uvigo.es.

Animádevos a participar!!