Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Programa Iacobus - participación do PAS

Información ao PAS

26-11-2014 ata: 24-02-2015

IACOBUS – 2ª Convocatoria

 

 O persoal de administración e Servizos que solicite a súa participación na convocatoria do Programa Iacobus de cooperación e intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal deberá ter en conta o seguinte:

 

-      Permiso de desprazamento: con carácter previo ao desprazamento deberá solicitar a preceptiva autorización perante a Xerencia, utilizando o Anexo III, que deberá presentarse acompañado dun informe favorable do xefe ou responsable respectivo.

 

-      Acreditación da estadía: no prazo dos 15 días naturais seguintes á súa realización, deberá presentar perante a Xerencia unha copia do anexo V.

 

-      Memoria de actividades: no mesmo prazo e perante o mesmo órgano que no apartado anterior, deberá presentar copia do informe previsto no Anexo VI no que obrigatoriamente deberán constar de xeito pormenorizado as actividades realizadas, os coñecementos ou habilidades adquiridas e as consecuencias no seu posto de traballo e no seu desempeño profesional.

 

-      Durante o ano 2015, autorizarase un permiso acumulado máximo de 15 días para estadías derivadas da participación en programas de intercambio e cooperación internacional.