3ª convocatoria de axudas de mobilidade Unión Europea-América Latina no marco do proxecto Erasmus Mundus Euroinkanet

Bolsas e axudas

27-03-2017 ata: 10-05-2017

Infórmase da publicación da 3ª convocatoria de axudas de mobilidade Unión Europea-América Latina no marco do proxecto Erasmus Mundus Euroinkanet no que a Universidade de Vigo participa en calidade de socio.

A convocatoria publicada pola Manchester Metropolitan University, coordinadora do consorcio Euroinkanet, estará aberta do 27 de marzo ao 10 de maio de 2017 coa seguinte oferta:

- 10 axudas dunha duración máxima de 6 meses de nivel máster
- 5 axudas dunha duración máxima de 6 meses de nivel doutoramento
- 5 axudas dunha duración máxima de 6 meses de nivel postdoutoramento
- 4 axudas dunha duración máxima de 1 mes para o persoal académico
- 3 axudas dunha duración máxima de 1 mes para o persoal de administración e servizos

Toda a información sobre esta convocatoria, guía de solicitantes, listaxe de universidades de América Latina participantes, así como oferta de prazas, está dispoñible en: https://www.euroinka.eu/

Para mais información, ou consultas, o e-mail do proxecto é: euroinkanet@mmu.ac.uk

Saúdos cordiais,
Eva Garea Oya
Técnica Superior da ORI