Enquisas de satisfacción das titulacións 2017

Información xeral

13-03-2017 ata: 31-05-2017

Ábrese o prazo ata o 31 de maio do 2017 para realizar as enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais(graos e mestrados) da Universidade de Vigo do curso 2016/2017, entre o todo o  profesorado e o estudantado de mestrado e de 3º de grao.

 

Este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos centros e das titulacións, polo que agradecemos a colaboración dun xeito sincero e responsable.

 

Para realizar a enquisa está habilitada unha plataforma informática en secretaría virtual: https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/.

 

A enquisa é anónima e confidencial. A identificación mediante o NIF, NIE ou outro documento cumpre a función de código de acceso, de xeito que en ningún caso quedará asociada á resposta emitida ao encher o cuestionario.

 

Poden atopar máis información de interese nas ligazóns:

http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/alumnado/encuestas_alumnado/

da páxina web da Área de calidade, así como información de axuda dispoñible na epígrafe « Axuda» da páxina web de secretaría virtual.

 

Para calquera dúbida, soporte ou apoio que precise pode dirixirse á Área de calidade, mediante o enderezo electrónico a seccalidade@uvigo.es ou o/a coordinador/a de calidade do centro http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/centros/informacion/coordinadores.html