Secretaría Uvigo

MooVi (Moodle 2020/2021)

Desde finais de xullo está creado un pequeno número de cursos para poder realizar axustes cun grupo reducido de usuarios/as.

Nos primeiros días de setembro procedeuse a dar de alta a totalidade das materias dos graos e dos mestrados oficiais da Universidade de Vigo en Moodle, sen necesidade de que o profesorado o solicite. O novo portal recolle automaticamente os datos do POD e da matrícula, polo que non terás que realizar trámites adicionais.

 

Ir á FAQ

Podes acceder desde https://moovi.uvigo.gal/

O teu nome de usuario/a é o teu documento de identidade normalizado (con letra, pero sen puntos, sen espazos e sen guións) e o enderezo de correo electrónico asociado é aquel co que te matriculaches.

A primeira vez que accedas deberás usar a función "Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?" para establecer un contrasinal de acceso á aula virtual. Debes proporcionar ou ben o teu correo-e ou ben teu documento de identidade normalizado (con letra pero sen espazos, puntos, guións etc.)

Recibirás un correo electrónico coas instrucións para establecer un novo contrasinal de acceso.

Ten en conta que:

  1. O correo electrónico que recibes caduca aos 30 minutos. Pasado ese tempo deberás solicitar o envío doutro correo
  2. Se non sabes cal é o teu enderezo de correo en Moovi podes actualizalo según "Como podo actualizar a miña conta de correo en Moovi?"

Ir á FAQ

Non, debido a motivos técnicos a infraestrutura de Moovi é completamente independente de FaiTIC, polo que non se poden utilizar os datos de acceso a FaiTIC.

Ir á FAQ

Si, podes seguir accedendo aos cursos que teñas en FaiTIC como ata o de agora.

Ir á FAQ

Durante o curso 2020/2021 seguirase a manter a plataforma Claroline dentro de FaiTIC para permitir que o profesorado poida planificar con tempo a migración a Moovi. Será o último curso no que se creen cursos novos en FaiTIC e só para aquelas materias que xa estaban en Claroline no curso 2019/2020.

Aínda que durante o curso 2020/2021 se poida seguir empregando Claroline, recomendamos que o profesorado pase a empregar Moovi canto antes.

A plataforma Moodle, xa non se ofrecerá a través de FaiTIC, a única posibilidade será empregar o novo Moodle corporativo dispoñible en https://moovi.uvigo.gal.

Ir á FAQ

A nova instalación de Moodle é un Moodle estándar polo que en internet hai multitude de documentación que podes consultar.

Un bo punto de partida sería a páxina oficial da documentación de Moodle: https://docs.moodle.org/es/

Aínda que non é a mesma versión, pode ser de utilidade o manual da UPM da versión 3.5:

Conde Vides, Juan V.; García Luna, David; García Rodríguez, Jorge; Hermiz Ramírez, Alberto; Moreno López, Juan José; Muñoz Solís, Pablo Luis; Osorio Navarro, Ana y Ramos Martínez, Humberto (2019). Manual Moodle 3.5 para el profesor. Monografía (Manual). Rectorado (UPM), Madrid.

Ir á FAQ

Durante o primeiro cuadrimestre vai ser posible ter aberta a materia tanto en Moovi coma no Claroline de FaiTIC simultáneamente, se ben non recomendamos esta opción.

É importante que o profesorado sexa consciente que ter a materia aberta nas dúas plataformas implica que vai ter que acceder estudantado e profesorado por dous portais independentes (https://faitic.uvigo.es e https://moovi.uvigo.gal).

Ir á FAQ

Excepto para aquelas materias que foron solicitadas expresamente, os cursos en MooVi creáronse de forma que estean ocultos ao alumnado.

Isto ofrece dúas vantaxas ao profesorado:

  1. Podes traballar no teu curso sen que o alumnado vexa os cambios ata que ti consideres que xa se pode abrir
  2. Se non va a empregar MooVi no curso 2020/2021, o espazo xa non estará dispoñible para o alumnado.

Na seguinte guía amósase como comprobar a visibilidade dos teus cursos e como os podes ocultar e facer visibles según desexes.

Ir á FAQ

Debes acceder ao teu curso e ir á opción do menú "Participantes".

Ir á FAQ

Podes copiar os contidos do teu curso no Moodle de FaiTIC a Moovi seguindo estes pasos:

  1. Accede a FaiTIC e realiza unha copia de seguridade do teu curso
  2. Descarga esa copia de seguridade ao teu PC
  3. Accede a Moovi, selecciona o teu curso e restaura a copia

IMPORTANTE: Ao iniciar a restauración, no paso 2, deberás seleccionar a opción de "Fusionar a copia de seguridade do curso con este curso".

No caso de seleccionar "eliminar o contido do curso actual e continuar" tamén se eliminarán as matrículas dos alumnos. Estas volveranse a insertar na seguinte sincornización, pero durante unhas horas o curso non terá alumnos.

Na seguinte guía tes unha descrición paso a paso de todo o proceso.

Ir á FAQ

A información de matrícula envíase a moovi polas noites, así que deberás agardar ata o día seguinte tanto para acceder, como para que se actualice a túa información de matrícula en Moovi.

Ir á FAQ

A maioría dos cursos créanse en Moovi ocultos para o estudantado, polo que non serán visibles ata que o profesorado active dito curso.

Ademais, ten en conta que durante o curso 2020/2021 tamén estará en uso a plataforma Claroline dentro de FaiTIC, así que pode que o curso que buscas estea en Claroline.

Ir á FAQ

Non. As contas de Moovi creánse a partir da matrícula do curso 2020/2021, así que se non estás cursando ou impartindo un curso que se xestione por Moovi non terás acceso a el.

Ir á FAQ

Para poder asegurar a calidade dos datos xestionados en moovi non se permite editar os datos persoais directamente en moovi.

Se queres cambiar o teu enderezo de correo deberalo facer dende o teu perfil da Secretaría Online:

  1. Accede á Secretaría Online
  2. Accede a "A miña conta" -> "Datos Persoais"
  3. Establece un enderezo de correo por defecto

A conta de correo que establezas por defecto será a que se empregue tanto na Secretaría coma en Moovi.

NOTA: O envío de datos a Moovi non é instantáneo, pode tardar varios minutos.

 

Ir á FAQ