Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico en procesos e patoloxías obstétricas e uroxinecolóxicas
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os/ as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os/ as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B1 Saber traballar en equipos que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar como profesional especializado en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia.
C10 Deseñar e aplicar programas de exercicio terapéutico na prevención e tratamento de patoloxías ou enfermidades musculoesqueléticas, cardiovasculares, respiratorias, endocrinas, neurodexenerativas, en disfuncións uroxinecolóxicas e obstétricas, e procesos oncolóxicos.
C11 Adecuar as sesións de exercicio terapéutico en función das características do paciente, a patoloxía e a contorna.
C12 Aplicar un protocolo de medición da capacidade funcional dos pacientes en función das súas características, así como da patoloxía nos diferentes ámbitos de especialización.
D1 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
D6 Creatividade, espírito emprendedor e adaptación a novas situacións.
D8 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000