Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico en pacientes oncolóxicos e/ou sobreviventes de cancro
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Observación sistemática O alumnado será valorado durante as sesión pola súa participación nas actividades das clases teóricas e prácticas 20 A4
B3
C6
C12
D1
D6
Estudo de casos O alumnado terá que dar solución aos casos que lle propoña o profesorado 40 A2
A4
B1
B2
C4
C11
C12
D1
D6
D8
Simulación ou Role Playing O alumnado terá que levar a cabo unha sesión a un paciente oncolóxico ou supervivinte de cancro 40 A4
B3
C4
C6
C11
C12
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua informando o coordinador/a de a materia no prazo establecido. 

De ser así avaliación será: 50% resolución de casos clínicos e 50% de exame de preguntas obxectivas.

Para aprobar a materia o alumnado debe ter superados de forma independente todos os apartados de avaliación e asistir ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda á avaliación continua. 

O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. 


2ª oportunidade 

O alumnado podar examinarse do 100% da materia: 50% resolución de casos clínicos e 50% de exame de preguntas obxectivas.

Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente ambas as probas de avaliación.

En calquera das convocatorias se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5, pero non cumpre os requisitos establecidos para aprobar a materia terá unha cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores poñerase a nota obtida

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000