Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico en persoas maiores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Cartafol/dossier O alumnado deberá redactar un cartafol no que recolla a descrición dunha das ferramentas de medición da capacidade funcional das persoas maiores achegando polo menos tres evidencias (publicacións) do seu uso en persoas maiores e un comentario final no que presente fortalezas da ferramenta e limitacións das mesmas, con referencia á súa aplicación ou aos resultados que xera. As instrucións acerca da elaboración e prazos de entrega deste cartafol publicaranse na plataforma de docencia Moovi no espazo específico da materia. 30 A3
B1
B3
C12
D1
D5
D8
Traballo O alumnado en grupos de 4-5 alumnos/as deberá elixir unha patoloxía prevalente entre as persoas maiores e realizar unha procura de polo menos 3 estudos clínicos que empreguen algunha modalidade de exercicio terapéutico en devandita patoloxía. Entregará un arquivo en PPT con audio asociado no que se presente os resultados de forma gráfica dos estudos seleccionados e as súas características principais ademais de presentar unhas conclusións resumidas da análise realizada. 40 A2
A3
B1
B2
B3
C11
C14
D1
D5
D6
D8
Estudo de casos En grupos de 2-3 alumnos/as e seguindo un exemplo de caso clínico desenvolvido nas sesións presenciais, o alumnado debe presentar unha proposta diferente de estratexia de avaliación da capacidade funcional ou ben unha proposta diferenciada de protocolo de exercicio terapéutico destinado a diminuír ou frear as limitacións funcionais presentadas polo paciente. As orientacións máis detalladas do desenvolvemento do caso e forma de entrega publicarase na plataforma de docencia Moovi no espazo específico da materia. 30 A2
A3
B1
B2
B3
C11
C12
C14
D1
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O/a alumno/a debe entregar e superar cada unha das partes da avaliación. En caso de suspender algunha das partes da avaliación, o que supón non superar a materia na convocatoria ordinaria, se lle gardará a nota das partes superadas e realizarase a parte non superada na convocatoria de segunda oportunidade.

O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua informando ao coordinador/a da materia no prazo estabelecido. De ser así, o estudiante acogerase á avaliación global.

Avaliación Global:

O estudiante deberá entregar o cartafol (con un porcentaxe de 30% da avaliación total) tal e como indícase na avaliación continuada e deberá realizar un exame teórico de preguntas de desenvolver sobre o temario da materia (con un porcentaxe do 70% da avaliación total).

Avaliación de 2ª oportunidade:

Na convocatoria de segunda oportunidade, a avaliación levarase a cabo na mesma modalidade presentada para a avaliación global.

En calqueira das
convocatorias, si o alumnado obten unha calificación numérica superior a 5,
pero non cumpre os requisitos estabelecidos para aprobar a materia terá unha
calificación de 4,5 (suspenso). No caso de ter calificaciós inferiores porase a nota conseguida.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000