Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Máster Universitario en Exercicio terapéutico en fisioterapia
 Materias
  Exercicio terapéutico en persoas maiores
   Contidos
Tema Subtema
- Proceso de envellecemento e saúde. Tratarase a temática relacionada cos cambios fisiolóxicos, funcionais e cognitivos asociados ao proceso de envellecemento e como estes cambios poden conducir ao aparecimento das patoloxías prevalentes nas persoas maiores.
- Patoloxía prevalente nas persoas maiores. Tratarase a temática relacionada coas patoloxías prevalentes entre as persoas maiores en función dos diferentes sistemas corporais.
- Instrumentos de valoración da capacidade funcional das persoas maiores ligadas a diferentes procesos patolóxicos. Presentaranse as principais ferramentas usadas na actualidade para a avaliación da capacidade funcional das persoas maiores con exemplos en función de diferentes patoloxías.
- Evidencia científica sobre exercicio terapéutico en persoas maiores. Presentación de recompilación da evidencia actualizada sobre o efecto do exercicio terapéutico en persoas maiores con diferentes patoloxías.
- Programas de exercicio terapéutico para a prevención e o tratamento de patoloxías en persoas maiores. Presentación, exemplos, deseño e aplicación de diferentes protocolos de exercicio terapéutico dirixido á prevención e tratamento de diferentes patoloxías en persoas maiores en función do seu estado funcional e cadro clínico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000