Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia en especialidades clínicas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame téorico constará de preguntas de desenvolvemento. Para superar esta parte a/o alumna/o deberá obter unha cualificación de 5 sobre 10. 40 A2
A3
A5
C9
C13
C16
C19
C20
C21
C22
C36
C37
D1
D4
Simulación ou Role Playing A proba consistirá en resolver tres supostos prácticos que o alumnado deberá de escoller a chou. Para superar esta parte a/o alumna/o deberá obter unha cualificación de 5 sobre 10. 40 A2
A3
A5
C9
C13
C16
C19
C20
C21
C22
C36
C37
D1
D4
Observación sistemática O profesorado realizará observación sistemática mediante a percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. 20 A2
C16
C19
C20
C36
C37
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non se acolla a avaliación continua, deberá comunicalo por escrito seguindo o procedemento establecido pola Facultade de Fisioterapia. A renuncia á avaliación continua deberá realizarse como data límite na 5ª semana de docencia, esta renuncia suporá que o alumnado acóllese a avaliación global establecida na materia. Unha vez renunciada á avaliación continua, non terá dereito a ela nin ás consideracións que nela se establezan.

En calquera das modalidades de avaliación, para superar a materia a/o alumna/o debe ter superados o exame teórico e práctico de forma independente, pudéndose dar o caso de que un alumno/a obteña unha nota  superior a 5 na avaliación global, pero tal como se indicou, se algunha das partes non está superada acadará unha nota de 4,5.  No suposto que o alumno/a aprobe unha das partes gardarase a calificación da mesma  pero só dentro do mesmo curso académico.

Ademáis, para poder presentarse ao exame práctico en calquera das convocatorias e modalidades é requisito indispensabel que a/o alumna/o se presente ao exame teórico.

AVALIACIÓN CONTINUA

Exame de preguntas de desenvolvemento- este exame realizarase na data estabrecida na programación da materia, constará de 10 preguntas de desenvolvemento valendo cada unha de elas 10 puntos e aportarán o 40% da nota final.

Simulación ou role playing- realizarase nas datas de exame estabrecidas no calendario, e consistirá na resolución de 3 supostos clínicos os que suporán un 40% da nota final.

Observación sistemática- o profesorado fará un seguimento do alumnado en canto a aptitudes e actitudes. para acollerse a esta avaliación é imprescindible a asistencia mínima dun 80% das clases prácticas e suporá o 20% da nota final.

AVALIACIÓN GLOBAL (no caso de renuncia a evaluación continua): 

Neste caso o  alumnado evaluarase do seguinte xeito: 

Exame de preguntas de desenvolvemento- 10 preguntas de desenvolvemento con puntuación de 1 punto cada unha de elas (50% da nota) 

Simulación ou role playing- exame de resolución de tres supostos prácticos  (50% da nota)

2ª OPORTUNIDADE

O alumnado que se acolleu a avaliación continua avaliarase segundo as porcentaxes indicadas nesta guía. 

O alumnado que renunciou a avaliación continua e acolleuse a avaliación global tendrá as memas
porcentaxes de avaliación que na convocatoria ordinaria en modalidade de avaliación global. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000