Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia en uroxinecoloxía e obstetricia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame téorico constará de preguntas de desenvolvemento. Para superar esta parte o alumnado deberá obter unha cualificación de 5 sobre 10. 40 A2
B3
C9
C13
C15
C16
C21
C29
C36
D1
D4
D8
Traballo Elaborarase un traballo dos contidos da materia. A realización, exposición e defensa do traballo será obrigatoria. 10 A2
B3
C21
C29
C36
D1
D4
D8
Observación sistemática O alumnado será avaliado nas actividades que se propoñan nas sesións prácticas e teóricas 40 A2
B3
C15
C16
C36
D1
D8
Cartafol/dossier O alumnado elaborará un cartafol de cada unha das sesións prácticas 10 B3
C13
C29
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

O alumnado terá por defecto avaliación contínua formada por 3 calificacións: unha teórica coa nota do exame de preguntas de desenvolvemento, unha práctica coa media aritmética do cartafol e a observación sistemática e unha do traballo.

Para superar a materia o alumnado debe ter superadas todas as partes de forma independente e asistir ao 80% das clases prácticas. A non asistencia ás prácticas supón a perda da avaliación continua. 

O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. 

Avaliación xeral (cando renuncie a avaliación continua)

O alumnado poderá solicitar a renuncia á avaliación continua informando á coordinadora da materia no prazo establecido. De ser así, a avaliación será: 50% exame teórico de preguntas de desenvolvemento e 50% exame práctico, onde deberá desenvolver as técnicas de cada unha das sesións prácticas. 

O alumnado que teña unha das partes aprobadas gardaráselle a parte superada para a seguinte convocatoria dentro do mesmo ano académico. 

2ª oportunidade 

O alumnado poderá examinarse do 100% da materia nesta oportunidade, a través de 50% o exame teórcio de preguntas de desenvolvemento e o 50% o exame práctico. 

Para aprobar a materia débense ter superados de forma independente ambas as probas de avaliación 

En calquera das convocatorias se o alumnado obtén unha cualificación numérica superior a 5, pero non cumpre os requisitos establecidos para aprobar a materia terá unha cualificación de 4,5 (suspenso). En caso de ter cualificacións inferiores poñerase a nota obtida

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000