Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Radioloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito de desenvolvemento sobre o temario que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os/as alumnos/as deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada. Para supera a examinación débese obter una cualificación de 5 sobre 10. 40 A2
B3
C7
C29
C31
C34
D1
D7
Exame de preguntas obxectivas O exame consta de enunciados con diferentes alternativas de resposta.
As preguntas incorrectas serán penalizadas.
30 A2
B1
B3
C7
C29
C31
C34
D1
D7
Práctica de laboratorio Avaliación das prácticas de laboratorio. Estudo de casos. Prácticas autónomas a través de TICs. Control e seguimento de casos.
O exame consta dunha descrición de imaxes de diversas técnicas radiolóxicas sen patoloxía que se explicaron nas sesións de prácticas e nos programas TICs.
O exame traduce a aplicación dos fundamentos teóricos da materia. É obrigatorio asistir ás prácticas para la superación das mesmas.
20 A2
B1
C7
C29
C31
C34
D2
D7
Presentación Avaliación dun traballo desenvolvido sobre unha revisión dun tema radiolóxico, a súa revisión bibliográfica, a calidade das imaxes radiolóxicas, a súa descrición, a discusión sobre os resultados e a calidade da súa exposición en formato PWP.

A exposición e defensa do traballo é obrigatoria. No caso de non desenvolver o traballo ou a correspondente defensa, non se superará a materia.
10 A2
B1
B3
C7
C31
C34
D1
D2
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua formúlase nunha primeira fase parcial, unha vez
rematados os contidos teóricos básicos, e outra avaliación parcial na
convocatoria ordinaria.

PARCIAL 1º Probas
escritas (teóricas):35%

Contidos teóricos básicos dos primeiros sete temas.

Exame de preguntas de
desenvolvemento: 20 %


Exame de preguntas obxectivas: 15 %.



PARCIAL 2º Probas escritas
(teóricas):35 %

Contidos clínicos de Radioloxía.

Exame de preguntas de desenvolvemento: 20 %

Exame de preguntas obxectivas: 15 %.

Total avaliacións
teóricas (parcial 1 + parcial 2): 70%.

Prácticas de laboratorio:
20%

Traballo: 10%

AVALIACIÓN GLOBAL

Por renuncia expresa á avaliación continua: neste caso non se realizarán
avaliacións parciais, polo que na convocatoria ordinaria o alumnado avaliarase
do seguinte xeito:

Exame de preguntas de
desenvolvemento: 40 %
Exame de preguntas obxectivas: 30 %.

Ambos exames (preguntas
obxectivas e de desenvolvemento) deben superarse de xeito independente.

Prácticas de laboratorio:
20%

Traballo: 10%

O alumnado que non queira seguir a avaliación continua deberá notificalo
por escrito seguindo o procedemento que estableza a Facultade de Fisioterapia.
A renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o
que supón que asumirá a avaliación global establecida na asignatura.

Unha vez resolta pola Facultade a renuncia á avaliación continua, o/a
alumno/a non terá opción á mesma, nin ás consideracións que nela se establezan.

AVALIACIÓN
EXTRAORDINARIA - RECUPERACIÓN:

O alumnado que na avaliación continua teña superado un dos exames parciais
(parcial 1 ou parcial 2), na avaliación extraordinaria só deberá examinarse do
parcial non superado. O alumnado que na avaliación continua teña suspendidos os
dous parciais, na avaliación extraordinaria terá as mesmas porcentaxes e
criterios que o alumnado da avaliación global, segundo o baremo que se detalla
de seguido.

Para a avaliación extraordinaria non se prepara de xeito específico unha
batería de preguntas obxectivas. O exame de preguntas de desenvolvemento
incrementarase arredor dun tercio das preguntas.

O baremo total é:

Exame de preguntas de
desenvolvemento: 70%

Prácticas de laboratorio:
20%

Traballo: 10% (manterase a nota obtida)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000