Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Radioloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O/a profesor/a explica os fundamentos teóricos. A/o alumna/o toma notas, expón dúbidas e platexa cuestións complementarias.
Prácticas de laboratorio O/a profesor/a presenta as imaxes, guía na observación, apoia coa contorna clínica, axuda na valoración. A/o alumna/o observa, valora, participa, asimila e elabora un catálogo de casos estudados.
Presentación O/a profesor/a proporciona instrucións, asesora na elección dun tema, facilita bibliografía, realiza un seguimento individualizado, aclara dúbidas, valora resultados. A/o alumna/o profunda nun tema, realiza revisión bibliográfica en publicacións clínicas, prepara un resumo e expono en PWP.
Prácticas con apoio das TIC O/a profesor/a proporciona tres programas de bancos de imaxes radiolóxicas normais que permiten ao alumnado interaccionar coa orientación espacial e as referencias de radioanatomía. Explica o seu funcionamento. A/o alumna/o usa os programas no seu computador persoal.
Actividades introdutorias Expoñense os contidos da materia distribuidos en seis bloques:
-Introdución xeral.
-Bases da radioloxía.
-Diagnóstico por imaxe segundo os diversos procedementos radiológicos.
-Radioloxía aplicada a fisioterapia.
-Radiobioloxía e protección radiolóxica.
-Radioterapia. Os obxectivos establecidos. Os créditos asignados e a súa distribución. A bibliografía
dispoñible. A forma de avaliación final e a súa ponderación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000