Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Radioloxía
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer as diferentes bases físicas nas que se fundamentan as técnicas de diagnóstico pola imaxe e dos tratamentos de intervencionismo guiados pola imaxe. Describir as nocións básicas (propiedades, principios, interacción, efectos biolóxicos) coas distintas aplicacións clínicas de diagnóstico. A2
C34
Explicar a validez dun test diagnóstico nos termos de sensibilidade e especificidade. Definir os binomios risco/beneficio e custo/eficacia que serven de base para establecer os criterios para as indicacións das diversas técnicas de diagnóstico pola imaxe. A2
C34
Coñecer a contorna clínica dos servizos de diagnóstico pola imaxe e de radioloxía intervencionista nos diferentes ámbitos asistenciais. B1
B3
D2
D5
Manexar, tras a sistemática da historia clínica e a exploración física, a incerteza previa ao diagnóstico e a sobrevinda no seguimento evolutivo. Coñecer como plantexar hipóteses no proceso diagnóstico. Valorar o impacto dos resultados das técnicas de diagnóstico pola imaxe no plan de intervención sobre o paciente. A2
B3
C29
C34
D7
Coñecer as posibilidades e limitacións das técnicas radiológicas básicas e as súas indicacións fundamentais. A2
C29
C31
Coñecer os efectos biolóxicos e os riscos derivados do uso das radiacións ionizantes. Coñecer os principios e procedementos básicos da protección radiolóxica do paciente. Valorar a xustificación de someter ao paciente a procedementos radiolóxicos. C29
C34
Recoñecer, ante unha imaxe radiolóxica, a técnica empregada, as características de proxección ou corte, a utilización de contrastes e procesados básicos da imaxe. Identificar as estruturas anatómicas que se observan nestas imaxes. Valorar a información estrutural e funcional das imaxes radiolóxicas normais. A2
C31
C34
Coñecer a terminoloxía radiolóxica habitual. Diferenciar, seguindo análise semiolóxico achegado polo especialista, a existencia de alteracións na forma, estrutura ou relacións dalgúns elementos que indican a existencia de patoloxía. A2
B3
C31
Comprender como se expoñen outras opcións terapeúticas en función da patoloxía diagnósticada que complementan ou están asociadas aos tratamentos da fisioterapia. A2
B3
C7
C31
Elaborar e expor un traballo sobre un caso clínico no que se demostre a consecución das habilidades citadas e discutir os resultados. A2
C31
C34
D2
Adquirir a sensibilidade humana e o sentido deontolóxico preceptivos para a relación co paciente e os seus familiares, respecto á utilización de técnicas diagnósticas incluídas na Radioloxía A2
B1
B3
C34
D1
D5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000