Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Saúde pública e fisioterapia comunitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Unidade de Saúde Pública:
Coñecementos teóricos: Exame de preguntas obxectivas, no que cada pregunta terá catro opcións de resposta, e só unha delas será válida. Cada pregunta ben respondida contará 1 punto; as deixadas en branco non descontarán puntuación; cada resposta equivocada restará 0,25. A nota corresponderase coa escala entre 0 e 10, e o aprobado estará na metade da puntuación: 5.
40 A2
B1
B2
C3
C5
C10
C22
C23
C24
C25
C26
C27
C28
C29
C30
C38
D1
D3
D6
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Unidade de Fisioterapia Comunitaria:
Coñecementos teóricos: Exame de resposta longa, de desenvolvemento. Non se poderá deixar ningunha pregunta sen resposta efectiva; un cero nunha pregunta suporá un suspenso no exame. A nota corresponderase coa escala entre 0 e 10, e o aprobado estará na metade da puntuación: 5.
Durante as sesións maxistrais poderán desenvolverse exercicios que, de seren superados polo alumnado, desgravarán materia nas probas de avaliación.
40 A2
B1
B2
C3
C5
C10
C22
C23
C24
C25
C26
C27
C28
C29
C30
C38
D1
D3
D6
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios Seminarios:
Asistencia e participación activa do alumnado no desenvolvemento dos seminarios; ademais, o alumnado elaborará, individualmente, un esquema e resumo do tema que se traballe no seminario, e será entregado ao final del, persoalmente ou a través da plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo. Nalgúns seminarios faranse preguntas por escrito que hai que responder neles.
20 A2
B1
B2
C3
C5
C10
C22
C23
C24
C25
C26
C27
C28
C29
C30
C38
D1
D3
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia consta de dúas unidades: Unidade I: Saúde Pública e Unidade II: Fisioterapia Comunitaria. A avaliación farase de cada unidade por separado, sendo necesario, para aprobar a materia, asistir aos seminarios e superar as dúas unidades independentemente; e, dentro delas, cada unha das súas partes: teoría e seminarios, tamén independentemente.

Unidade de Saúde Pública (SP): o exame dos coñecementos teóricos contará un 40% e os seminarios un 10%.

Unidade de Fisioterapia Comunitaria (FC): o exame dos coñecementos teóricos contará un
40% e os seminarios un 10%.

A nota final será a media das dúas unidades, se ambas están aprobadas ou suspensas. Se só se aproba unha unidade, ou parte dela, conservarase ese aprobado dentro do mesmo curso académico (ata xullo), pero non dun curso aos seguintes, e a nota será a da parte suspensa.

AVALIACIÓN CONTINUA: É a opción preferente e a que se ofrece
por defecto. Na avaliación continua, o alumnado realizará:

* Un exame parcial de coñecementos teóricos unha vez
finalizada a metade dos contidos teóricos: contará un 40% da nota final: 20% da
Unidade de SP e 20% da Unidade de FC; realizarase dentro do
horario asignado ás clases lectivas da materia. Se se suspende, non pode
recuperarse na convocatoria ordinaria e irase con esta parte ao exame da 2ª
oportunidade.

* Outro exame parcial de coñecementos teóricos na
convocatoria ordinaria: contará un 40% da nota final: 20% da Unidade de SP e 20% da Unidade de FC.

* Seminarios: avaliaranse como se explicou no apartado
superior.

AVALIACIÓN GLOBAL (se se renuncia á avaliación continua): O
alumnado que non quera seguir a avaliación continua deberá notificalo por
escrito, seguindo o procedemento establecido na Facultade de Fisioterapia. A
renuncia á avaliación continua debe realizarse na 5ª semana de docencia, o que
supón que se asumirá a avaliación global establecida na materia. Unha vez feita
a renuncia á avaliación continua, non se terá dereito á mesma; a elección da
modalidade de avaliación global supón a renuncia ao dereito de seguir
avaliándose das actividades da modalidade de avaliación continua que queden por
facer e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar.

Neste caso non se realizarán exames parciais. Haberá unha
proba de avaliación global: un exame de coñecementos teóricos na data oficial
da convocatoria ordinaria, que contará un 80% da nota final: 40% da Unidade de SP e 40% da Unidade de FC. A esta puntuación sumarase o 20% da
nota dos seminarios, avaliados como se explicou no apartado superior.

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE: É unha avaliación
extraordinaria, de recuperación da materia, ou partes dela, suspensa.

O alumnado que fixo avaliación continua e suspendeu algún
dos exames parciais, só deberá examinarse deles. Terá os mesmos criterios de
avaliación que na convocatoria ordinaria nesta modalidade.

O alumnado que renunciou á avaliación continua e se adheriu
á avaliación global, terá os mesmos criterios de avaliación que na convocatoria
ordinaria nesta modalidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000